Archive for diciembre 2016



A Aula CeMIT do Concello de Cuntis ven de impartir o  pasado sábado día 26, con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero, con gran éxito de asistencia, diferentes actividades de concienciación, dirixidas á educación inclusiva de nenas e nenos, contando coa colaboración activa da Asociación ACHEGA, COGAMI e COCEMFE




 Nesta xornada as nenas e nenos participantes elixiron persoalmente as súas palabras de referencia máis importantes contra a violencia de xénero, para crear despois o seus propios modelos en 3D e finalmente imprimilos.





Estas actividades están pensadas para concienciar ás nenas e nenos neste tema tan importante, así como favorecer a inclusión e a colaboración participativa dos mesmos en ditas actividades.


Xornada contra a violencia de xénero

Publicado por : CeMIT Cuntis
jueves, 1 de diciembre de 2016
0 Comentarios

- Copyright © Persoas con discapacidade - Designed by Johanes Djogan -