Publicado por : CeMIT Cuntis
jueves, 1 de diciembre de 2016
A
Aula CeMIT do Concello de Cuntis ven de impartir o
pasado
sábado día 26, con motivo da celebración do día internacional
contra a violencia de xénero, con gran éxito de asistencia,
diferentes actividades de concienciación, dirixidas á educación
inclusiva de nenas e nenos, contando coa colaboración activa da
Asociación ACHEGA, COGAMI e COCEMFE
Nesta xornada as nenas e nenos participantes elixiron persoalmente as súas palabras de referencia máis importantes contra a violencia de xénero, para crear despois o seus propios modelos en 3D e finalmente imprimilos.
Estas actividades están pensadas para concienciar ás nenas e nenos neste tema tan importante, así como favorecer a inclusión e a colaboración participativa dos mesmos en ditas actividades.
- Home>
- 3D , antiviolencia >
- Xornada contra a violencia de xénero
